É un fotógrafo galego, membro da Real Academia Galega de Belas Artes. Foi o gañador do premio Ortega y Gasset en 2003 polas fotografías xornalísticas do Prestige. Traballou como docente e organizador de seminarios de fotografía e como fotoxornalista en medios nacionais e internacionais como o National Geographic.